CLUB DE PRENSA DE FERROL

Firma libro de oro premiados Josë Couso Club de Prensa Javier Espinosa Ricardo García Vilanova
|

O actual presidente do Club de Prensa de Ferrol, o debuxante e humorista Siro López, asegurou estar “agradecidísimo” con esta distinción do Concello.  “Todos os membros nos sentimos honradísimos e eu podo dicir que o traballo que fixeron os meus compañeiros e amigos neste tempo é extraordinario, non pode ser mellor, e xustifica perfectamente este galardón”, subliñou López. Incidiu en que outras entidades da cidade tamén poderían ser merecedoras deste premio. Na concesión do mesmo, o goberno local destacou a importancia dos seus valores de relación coa localidade, cos medios de comunicación e coa liberdade de expresión.  Destacou López, entre outras, a consolidada reputación da publicación FerrolAnálisis, “unha das mellores de pensamento que hai en España”, asegurou; o Curso Gurméndez, o recientemente creado Premio José Couso á liberdade de expresión –na imaxe da esquerda un momento do certame deste ano, que gañou Javier Espinosa– e tamén o novo certame xornalístico que chega, dixo, “no momento idóneo”.

CLUB DE PRENSA DE FERROL