Uns corenta expositores na Mostra da Camelia de Narón

Uns corenta expositores na Mostra da Camelia de Narón
Mostra do pasado ano j.m.

A camelia terá un importante protagonismo esta fin de semana en Narón con motivo da celebración da XIII Mostra “Cidade de Narón”, no que se inclúe a novena edición do certame do mesmo nome e que un ano máis premiará as mellores flores, expositores e composicións.
A cita, organizada polo Concello de Narón e pola Asociación Galega da Camelia, reunirá a uns corenta postos de diferentes concellos de Galicia e mesmo de fóra da comunidade, inclúido do veciño país portugués, nos que se poderá ver máis de cincocentas variedades de flor.
A inauguración oficial do evento terá lugar ás 17.30 horas coa presenza do alcalde, Xosé Manuel Blanco, xunto a outros edís da corporación e varios representantes da asociación. Tralas intervencións e as deliberacións do xurado –que terán lugar ao mediodía– procederese á enttrega dos premios do “Concurso da Camelia Cidade de Narón”.
Distinguiranse as mellores flores japónica, reticulata, especie e híbrido de camelia, flor miniatura e tamén ao mellor cultivador-expositor e á mellor composición artística colectiva. Cada posto deberá presentar un mínimo de dez lotes e o xurado valorará aspectos como o tamaño, o estado de apertura da flor e a colocación, entre outros. Na xornada de hoxe, a mostra permanecerá aberta ata as 22.00 horas.
Mañá poderá ser visitada en horario de dez da mañá a seis da tarde. Nesta xornada programouse ademais unha visita ao Xardín das Camelias que Xosé María Rivera Arnoso, tamén membro da asociación, ten unha finca da súa propiedade en Maniños, no municipio de Fene, no que el foi alcalde durante anos. A visita comezará ás 10.30 horas e os asistentes terán oportunidade de ver centos de especies de camelias que ao longo dos anos foi plantando. En cada edición, a Asociación Galega da Camelia propón unha visita á plantación dalgún dos socios. n

Uns corenta expositores na Mostra da Camelia de Narón

Te puede interesar