“Videoclips a esgalla” continúa con novas charlas e gravacións

“Videoclips a esgalla” continúa con novas charlas e gravacións
Ateneo Ferrolán Charla en el marco de la muestra de videoclips

A terceira edición da Mostra “Videoclips a esgalla” impulsada desde a área de Cultura do Concello de Ferrol continúa poñendo en valor o traballo e potencial dos realizadores e artistas da cidade e comarca a través das actividades incluídas no programa. Trala charla titulada “Ferror Records e CGTH: Autoxestión, independencia, edición e apoio á escena local” desenvolvida onte no Ateneo Ferrolán e que contou coa presenza de Fernando Fernández Rego, Sergio Peck, Olalla Padín e Óscar M. López, as propostas continuarán esta fin de semana.
Hoxe, en diferentes puntos da cidade, o realizador ferrolán Juanpa Ameneiros dirixirá a gravación do videoclip do grupo Oddy Lane. Pola tarde, ás 20.30 horas no Ateneo Ferrolán, o ferrolán Carlos A. Quirós, de Cuerda Floja Producciones, ofrecerá a conferencia “Tensando la cuerda (2011-2018)”. Será precisamente este realizador o que mañá sábado fará a peza audiovisual da banda Robot Humano.

“Videoclips a esgalla” continúa con novas charlas e gravacións

Te puede interesar