“Noites de cine e poesía”, novo ciclo da AVV de Esteiro para o próximo mes

cartel de “bande à part”
|

A AVV de Esteiro organiza un curioso ciclo cinematográfico para o próximo mes de febreiro que se desenvolverá nos cines Dúplex con entrada de balde, todas elas ás 20.30 horas.

Baixo o título de “Noites de cine e poesía” proxectaranse catro títulos de indubidable calidade. Así, o 7 de febreiro verase “Bande à part” (1964), de Jean-Luc Godard. Unha cinta que une comedia, drama e cine negro e que influíu en Tarantino. O 14 de febreiro poderase ver “As mil é unha noites” (1974), de Pier Paolo Pasolini, na que o mestre italiano ofrece a súa particular visión do clásico da literatura árabe. O 21 de febreiro o protagonismo será para o documental histórico “Homes de Arán” (1934), un traballo de Robert Flaherty sobre a dura vida dos pescadores das illas irlandesas e a súa loita pola supervivencia.

Finalmente, “Noites de cine e poesía” remata o día 28 coa película “Deus e o diaño na terra do sol” (1964), de Glauber Rocha, considerada a cinta máis destacada do cinema brasileiro, sobre un home que mata ao seu patrón e fuxe coa súa dona.

“Noites de cine e poesía”, novo ciclo da AVV de Esteiro para o próximo mes