Uns 30 centros da comarca desenvolverán plans específicos de formación do profesorado

Uns 30 centros da comarca desenvolverán plans específicos de formación do profesorado
Jornada de Bienvenida en el Xan Viaño

Por segundo ano consecutivo, os centros educativos da comunidade galega terán a oportunidade de participar en programas adecuados ás súas propias necesidades e particularidades. Trátase dos plans de formación do profesorado específicos, enmarcados no Plan Anual de Formación do Profesorado. Na comarca de Ferrolterra, na primeira convocatoria do pasado ano participaron un total de dez centros, aos que este curso sumaranse outros 18. Na provincia da Coruña serán un total de 89.
O portal educativo da Xunta publicou onte a resolución na que se detallan os centros que se  incorporan á iniciativa así como os que continúan. Segundo se salientou desde a propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, trátase “dunha nova aposta da Xunta de Galicia pola actualización dos coñecementos dos docentes como un dos eixos fundamentais para a mellora da calidade educativa”.
Estes plans de formación, para os que o departamento educativo autonómico prestará o seu apoio económico e humano –a través dos Centros de Formación e Recursos e do Centro Autonómico de Formación e Innovación– son ademais, sinalan as mesmas fontes, “unha aposta máis pola autonomía dos centros educativos á hora de analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido que tamén se está a traballar desde os contratos-programa”.
Para seren seleccionados, cada centro tivo que propoñer un plan integrado por un ou dous itinerarios formativos en relación con diferentes líneas de traballo, entre as que se inclúen as referidas á programación, o desenvolvemento e avaliación das competencias básicas, a integración das novas tecnoloxías, á mellora da xestión, a convivencia escolar ou a atención á diversidade.
Os materiais que xurdan do desenvolvemento de cada un dos plans poderán poñerse en común para o beneficio de toda a comunidade educativa galega e a difusión das boas prácticas dos centros, “en prol dunha mellora da calidade do ensino”, apuntan desde a Xunta.

Uns 30 centros da comarca desenvolverán plans específicos de formación do profesorado

Te puede interesar