Kurt Baker e Peter Perrett lideran hoxe o cartel dun Felipop en plenitude

Kurt Baker e Peter Perrett lideran  hoxe o cartel dun Felipop en plenitude
Diario de Ferrol-2014-08-09-014-b6a4b092

O Felipop vive hoxe unha noite para lembrar cos concertos do británico Peter Perrett (figura referente no pop dos 70 e membro de bandas como The Only Ones) e do estadounidense Kurt Baker, considerado pola crítica como o actual Elvis Costello. Antes actúaran The Dealers, chegados desde Vitoria, coas súas influencias da psicodelia das bandas británicas dos 60, e Peralta, xixonenses que aglutinan na súa formación membros de The Cynics, Doctor Explosion ou Paul Collins Beat.
O concerto será na Hortiña, en Limodre (Fene) pola noite, con entradas a 15 euros. Será o peche dunha fin de semana na que pasaron por este personalísimo escenario Los Hound Dogs, Combo Dinamo, Os Amigos dos Músicos, Caravana, Strangefruit (con membros fundadores de Babyshambles) e The Cherry Boppers. n

Kurt Baker e Peter Perrett lideran hoxe o cartel dun Felipop en plenitude

Te puede interesar