A Galería Platas reivindica a Ricardo Segura Torrella no 15 cabodano do pintor da imaxinación

A Galería Platas reivindica a Ricardo Segura Torrella no 15 cabodano do pintor da imaxinación
Galería Platas mostra con obras de Segura Torrella

O vindeiro martes 17 cumpriranse os 15 anos da desaparición de Ricardo Segura Torrella, un dos grandes pintores galegos da segunda metade do século XX. Adiantándose aos posibles actos institucionais, a Galería Platas (Real, 38), que dirixe Armenio Pazos, conmemora o 15 cabodano do inesquecible pintor cunha ampla exposición de obras, unhas 40, inaugurada onte e que poderá verse ata mediados do mes de maio. O interese pola mostra foi notable dada a cantidade de xente que pasou polo local e que poderá repasar estas obras nos próximos meses. A colección privada inclúe obras de 1946, dun pintor adolescente que amosa a mestría no debuxo e na cor, ata o mesmo ano 2000 do seu falecemento.

evolución artística
Entre medias, debuxos e óleos de diferentes tamaños e contidos  que dan testemuño da evolución dun artista a quen os seus amigos definen como modesto no persoal, pero cunha obra que contradí esa falta de autorreivindicación. A exposición na Galería Platas dá fé disto, con diversas obras das diferentes etapas creativas de Segura Torrella. Desde reatratos familiares e autorretratos case xuvenís, paisaxes arquitectónicas e un percorrido desde o impresionaismo ao expresionismo, sempre figurativo, pero cargado de símbolos da súa propia circunstancia persoal e social. Un artista capaz de crear con apenas unhas pinceladas de intenso cor sensacións intensas.      
Un dos mellores coñecedores da súa obra, o crítico Andrés Mosquera, sinalaba nun traballo sobre o artista: “Ricardo Segura Torrella foi unha das paletas máis significativas e carismáticas da España da segunda metade do século XX. Só a súa entoada personalidade é acaso ‘culpable’ de que a súa obra non tivese maior difusión, pero non o preocupou o máis mínimo. Nel deuse o que Tolstoi chamaba o signo da superioridade, que non é outra cousa que a bondade”.

A Galería Platas reivindica a Ricardo Segura Torrella no 15 cabodano do pintor da imaxinación

Te puede interesar