O BNG eumés dá a coñecer posibles baixas temerarias en varias obras

|

O BNG de Pontedeume emitiu un comunicado no que quere dar a coñecer posibles baixas temerarias que se poden producir nas obras do POS-2013 do municipio. Tal e como expresou a formación no pleno do pasado xoves, “consideramos que unha adxudicación de obra a empresas por riba do 25% de baixa do presuposto do proxecto conleva unha temeridade na calidade dos materiais e/ou de dubidosas prácticas sociais e laborais nas empresas adxudicatarias”.
Así, solicitan un maior axuste no presuposto do proxecto e xestión na adxudicación na obra de reparación do tellado do mercado municipal así como un riguroso seguimento doutras obras tamén con posibles baixas temerarias, segundo informan desde a formación. n

O BNG eumés dá a coñecer posibles baixas temerarias en varias obras