O Foro Ferrol Vivo reclama que se teña en consideración o seu proxecto de promoción da cidade

Ruta modernista con estudiantes Erasmus organizada desde o Campus de Ferrol | d.a.
|

A plataforma cidadá Foro Ferrol Vivo solicita que se teña en conta o seu proxecto “Ferrol é Moderno”, presentado no mes de xuño de 2017 á Alcaldía por integrantes deste colectivo co obxectivo de levar a cabo un programa de actividades dirixidas a fomentar os eidos do Modernismo e da modernidade vencellados á nosa cidade e a celebrar, a proposta da entidade, todos os anos na semana do 27 de setembro, data de nacemento do destacado arquitecto Rodolfo Ucha. 
Como subliñan dende o Foro, no encontro con Jorge Suárez éste non só manifestara o interese pola realización desta iniciativa, senón que fixera entón algunhas achegas e comprometeuse a dar traslado da proposta ás concellarías de Turismo e Patrimonio para comezar a traballar de forma conxunta nunha primeira edición que nunca se chegou a desenvolver, apuntan, “malia o interese da cidadanía polo Modernismo e tamén pola figura de Ucha”.
A iniciativa “Ferrol é Moderno” é unha proposta de corte transversal e multidisciplinar que nace coa idea de difundir o patrimonio local e también contempla abarcr outras moitas áreas, como o turismo, desenvolvemento socioeconómico e difusión cultural e académica. A proposta ten dos ámbitos de actuación diferenciados pero que se complementan como é o Modernismo e o desenvolvemento e capacitación tecnolóxica.
O proxecto contempla dúas propostas. A primeira e de carácter integral, dunha semana que coincida co 27 de setembro, coa cidade volcada co Modernismo en todas as súas vertentes. a segunda sería un proxecto reducido, máis enfocado a desenvolverse durante todo o ano e que permita ofrecer a escolares, turistas, cruceristas unha serie de produtos. 
Destacan entre estos a posibilidade de dispoñer dunha sala permanente ou o Museo do Modernismo, mellorar os puntos de información ou facer de forma periódica, en non só en datas sinaladas, unha Ruta do Modernismo e da Modernidade, entre outros aspectos. l

O Foro Ferrol Vivo reclama que se teña en consideración o seu proxecto de promoción da cidade