Chegan ó Ateneo as primeiras exposicións do Outono Fotográfico

Chegan ó Ateneo as primeiras exposicións do Outono Fotográfico
malaysian primary school leafhopper /

As exposicións que forman parte da iniciativa Outono Fotográfico toma pé en Ferrolterra. Hoxe mesmo inaugúranse as tres primeiras, todas elas no Ateneo Ferrolán, abrindo un calendario que continuará durante as vindeiras semanas con diferentes mostras e actividades tamén noutros espazos culturais da cidade. Carolina Martínez volve ocuparse de coordinar este proxecto na zona, con total liberdade para elixir o que lle interesa de canto vai vendo ó longo do ano. Iso si, con orzamento cero. Os artistas veñen gratis, os espazos son cedidos e ata o teléfono corre da súa conta.
“Aguas de Galicia”, de Fran Nieto: “Australian Dream”, de David Simón; e “Malaysian Primary School”, de Leafhopper (David Simón e Blanca Galindo) son as tres exposicións que abren ó público esta tarde, ás oito, no Ateneo (Magdalena 202-204), e que estarán neste centro cultural durante un mes.
O ferrolán Fran Nieto ofrece a súa visión sobre os recursos hídricos do país. Nela recóllense parques naturais e ríos case virxes, pero tamén a actividade industrial nas rías ou os habitantes dos bosques. Antes da apertura de “Aguas de Galicia”, ás sete da tarde, guiará ás persoas que o desexen pola mostra para explicarlles o seu traballo.
“Australian Dream”, de David Simón Martret, xorde a partir dun diario de viaxe pola costa este de Australia, desde Sydney ata Melbourne, durante un mes, “en busca do soño australiano”, explica o autor. Esta terra, feita co elemento aborixen pero tamén con sucesivas emigracións, é “un tecido de nacións, onde cada unha delas imprimiu as súas raíces culturais do país de orixe adaptadas ós novos tempos”. Este país, alleo á crise económica que sacude a Occidente, cun desemprego por baixo do 5%, respira “felicidade e cambio constante”, cunha sociedade “relaxada, de portas abertas e de vida cara ó exterior” na que a súas tradicións orixinarias permanecen visibles.
Leafhopper, proxecto formado polo propio David Simón e por Blanca Galindo, viaxa cara ás escolas en Malasia en “Malaysian Elementary School: a multicultural education”. Céntrase na etapa entre os catro e os trece anos nun país con múltiples etnias e relixións ás que corresponde unha determinada tipoloxía de escola. Na teoría, calquera neno pode ir ás escolas das distintas comunidades, na práctica non se dá esta mistura. n

Chegan ó Ateneo as primeiras exposicións do Outono Fotográfico

Te puede interesar