A forza da vontade impulsa de novo a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

A forza da vontade impulsa de novo a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol
Inaguraci�n de la Semana de Poes�a Salvaxe en la plaza de Armas

“Se non fose polo voluntariado, a Semana de Poesía Salvaxe correría perigo, porque aínda que hai moita xente interesada en que siga adiante non hai un duro nin axudas institucionais de ningún tipo. Por iso reducimos o calendario a dous días”. Así de claro falaba onte Juan Carlos Valle Karlotti, alma máter xunto con Guillermo Ferrández dun singular evento literario e lúdico que une en Ferrol por sétima vez a poetas e músicos de toda Galicia e España. 
Abunda Karlotti que este ano estaban “un pouco apurados porque non se podía axudar á xente que vén de lonxe a participar no programa. Pero os poetas e artistas colaboraron de forma desinteresada e, xunto con varios dos locais que acollen as actividades, conseguimos sacar isto adiante cun mínimo de dignidade”. 
O poeta e activista ferrolán destaca que, tras falar con varios representantes dos partidos da oposición no Concello de Ferrol, van tratar de que se faga unha declaración de apoio institucional a unha cita que fai da cidade o centro da reivindicación poética en locais e rúas e que en 2012 foi merecedor do Premio de Cultura de Diario de Ferrol.

versos e músicas 
A primeira novidade deste ano é o cambio de escenario da apertura, que pasa á praza de Ferrol Vello para ofrecer a reivindicación poética que abre o programa. Será ás 18.00 horas, e dúas máis tarde Al Vidal e Eli Barrio estarán recitando no Cafelito de Gloria. O pub Manchita Cosa acolle ás 23.00 horas unha intervención poética de Günter Heinz, Itha K e Karlotti, pechando a xornada García MC a partir da 1.30 horas na sala Súper 8.
Na mañá do venres 25 de abril  recupérase a tradición do recitado nos mercados de Ferrol. Nel participarán os poetas e activistas Al Vidal, Eli Barrio e García MC, entre outros. 
Ás 19.00 horas o Ateneo Ferrolán e a praza de Canido son escenarios paralelos nos que actuarán, no primeiro caso, os músicos Roger de Flor e Amparo Arias, así como Pedro Campos, e no segundo, o poeta Estevo Creus acompañado de varios amigos.
O pub Cazadores é a sede dun recital do poeta punk Leo i Arremecághona (Leonardo Fernández Campos). O pub Carteles acollerá o acto final do día cunha “performance” a cargo dos escritores e artistas participantes nos anteriores actos. A eles sumaráselle xente como Lucía Aldao, María Lado, o Marqués das Viñas, Guillermo Ferrández, Manolo Bacalhau, Juana Corsina ou Ricardo Ledo. n

A forza da vontade impulsa de novo a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol

Te puede interesar