As ofertas literarias ferrolás continúan chegando en Nadal ás librerías da cidade

As ofertas literarias ferrolás continúan chegando en Nadal ás librerías da cidade
os reis, que esta semana xa pasaron por canido, visitaron onte o local social do val, en narón l.p.

Nadal é unha época óptima para presentar as novidades literarias e un momento en que a industria do libro máis respira. Por exemplo, onte a Central Librera da rúa Dolores acolleu a sinatura de libros de dous autores ferroláns de diferentes xeracións. Así, o profesor Guillermo Ferrández vén de presentar a quinta edición da súa novela “Conacho”, compartindo espazo coa promesa local Cristina Prieto Solano, que acaba de publicar a súa terceira narración “Él, ella” (Editorial Seleer). Esta tarde, a partir das seis do serán, volverá estar Ferrández asinando exemplares das súas novelas ou ensaios como “El ferrolano” ou “La llave inglesa”, editado o pasado ano, como os anteriores, en Edicións Embora.

 

Historia e periodismo

Esta editorial ferrolá vén de publicar no último mes varias novidades literarias ou reeditar, como no caso de Ferrández, case sempre centradas en Ferrol. Así, a profesora Rosa Cal presentou a finais do pasado ano “Los curas contra Franco. Ferrol 1950-1978”, unha voluminosa investigación acerca do papel dos cregos locais na transición democrática. Así mesmo, os historiadores Ana Isabel Bello e Miguel Ángel Vidal Lojo deron a coñecer o volume “La capilla de Serantes”.

O tamén historiador ferrolán Guillermo Llorca Freire publicou o pasado mes o traballo “La Ibense: una heladería artesana en Ferrol”, un recordo familiar e unha crónica do Ferrol desde os anos vinte ata mediados dos 80. No eido periodístico, esta mesma semana persentábase o libro “Ferroláns de seu”, un traballo dos periodistas José Gómez Fandiño e Nicolás Vidal no que reunían 43 das mellores entrevistas realizadas no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol a destacados persoeiros de Ferrol e comarca. O volume inclúe as caricaturas orixinais de Juan Veiga.

Xa, no eido da pura creación literaria, hai que destacar o tamén recente poemario “Lusocuria”, o último traballo da autora de Valdoviño Verónica Martínez Delgado, unha obra cun alto contido erótico. Este traballo nace, ademais, dentro da nova editorial O Figurante, dirixida polo poeta e narrador ferrolán Alberte Momán.

As ofertas literarias ferrolás continúan chegando en Nadal ás librerías da cidade

Te puede interesar