Unha disputada concellalía (XLVIII)

Unha disputada concellalía (XLVIII)
Portada de A Nosa Terra

Os primeiros candidatos nacionalistas, presentados como tales, Antón Villar Ponte e Luis Peña Novo tiveron uns resultados desiguais, como xa se viu. Só sería eleito un deles: Peña Novo, quen, aínda que foi amplamente superado polos dous candidatos republicanos disidentes, conseguiu obter máis votos que o candidato monárquico.


Se ben os candidatos republicanos, mesmo presentándose divididos, obtiveran nove edís, non deixaba de ser verdade que os monárquicos, que si souberan presentarse unidos, conseguiran outros nove, isto é, magníficos resultados. Estes eran froito da “negativa a seguir soportando por más tiempo un régimen municipal que, en muy pocos años, ha convertido a una ciudad en pleno progreso en una ciudad estancada y arruinada y que ha trocado a una corporación modelo de solvencia y buena administración en la merienda de negros actual”, como apuntaba o editorial “La jornada electoral” de “El Orzá”, de 10 de febreiro.


Por iso, como xa dixen, El Ideal Gallego editara unha primeira plana co titular en grandes letras “Triunfo de la candidatura de coalición monárquica en la Coruña”.


Nesa primeira plana, “El Ideal Gallego” incluía tamén o editorial “Triunfo aleccionador / Realidades y esperanzas” que comezaba:


“Día de júbilo y alborozo ha sido el del domingo para nuestra ciudad. No por esperado produjo menor entusiasmo el rotundo y pleno triunfo de la coalición monárquica y especialmente del partido maurista que gozó cordialmente con el éxito obtenido por todos sus candidatos. La alegría que esta victoria electoral produjo en todas las clases sociales, era la espontánea manifestación del ansia que se sentía en la Coruña de una profunda y saludable renovación concejil garantía precisa de una prosperidad hondamente deseada y necesaria si esta capital ha de seguir en su marcha progresiva a otras poblaciones españolas […]”.


Ao tempo, un dos parágrafos da crónica de “El Ideal Gallego” levaba o encabezado “Lens no irá al concejo” no que se dicía:
“Aseguróse ayer por muchos amigos íntimos del Sr. Lens, que éste, decepcionado por la votación obtenida y por la derrota de algunos de sus más significados y adictos correligionarios no está dispuesto a tomar posesión de su cargo.
También se hablaba de que algún otro republicano electo le secundaría en esa actitud. Sin embargo hasta primero de abril tienen tiempo los desilusionados de consultarlo con la almohada”.


A verdade era que Antonio Lens Viera, que concorrera polo segundo distrito, quedara en terceiro lugar, por detrás de dous monárquicos (un demócrata e un maurista). Mais, como dixía o xornalista, todos tiveron tempo de consultas coa almofada e Antonio Lens acabou sendo o alcalde, como se verá.


O mesmo día que a prensa diaria, o 10 de febrero, aparecía o boletín decenal A Nosa Terra, que se abría co titular “O Nazonalismo galego trunfal / Impresiós e comentarios”, onde se manifestaba:


O nazonalismo galego acaba de conquerir un novo trunfo. Pol-a primeira vez fixo un chamamento â vountade popular da Cruña, e o chamamento foi respondido con éxito.


Quixemos levar unha repersentación da ‘Irmandades’ ô concello cruñés, e o pobo dounos os seus votos cheio d’entusiasmo.
O primeiro tanteio trocouse n’unha grande vitoria. Sin organización previa, sin gastar un carto, sin costume ainda nas loitas dos comicios, de dous candidatos que presentamos un saíu eleito y-o outro conseguíu votación honrosa.


O trunfante foi Lois Peña Novo pol-o terceiro distrito, por un distrito democrático por aboengo, liberal e traballador.


Antón Vilar Ponte, inda que non levou acta pol-o primeiro –onde a loita foi rexa- co’a votación que conseguiu, votación propia dos irmáns nazonalistas, puido probar como n’un segundo tanteio aquel distrito ha ser conquerido para nós.


Agora comenzaremos a orgaizarnos dándolle á seición política –o mesmo que â agraria- tod’a importanza que debe tere.
O feito é que o nazonalismo galego conquireu por primeira vez unha repersentación oficial. Lois Peña Novo terá de ser un rexidor estórico, xa que resulta o primeiro rexidor nazonalista que houbo na nosa Pátria.


E agora o exempro dado pol-a ‘Irmandade’ cruñesa desexamos que cunda por outros pobos, cidade e vilas da nosa Terra.
[…] “é xornada de groria para Galicia a do día 8 na que os loureiros do trunfo cinguiron a cabeza de do noso irmán, loitador e rexo, Lois Peña Novo”.


Así mesmo, a publicación nacionalista facía valoración dos resultados das outras forzas concorrentes, onde se pode albiscar unha certa desilusión polos resultados dos republicanos, malia –segundo eles- teren perxudicado Villar Ponte:
“Contrastando c’oa vitoria do nazonalismo galego, está a nota tristeira do repubricanismo cruñés. O ‘Casino Repubricano’ da Cruña, dende fai longos anos solo sabía de trunfos i éisitos. Agora viróuselle o santo. E n’algús distritos onde os repubricanos adoitaban a tere a vitoria, por esta vez trunfaron mauristas. Falóuse, por certos xornás da Cruña, da eisistenza d’unha ‘franca alianza’ entre repubricanos e nazonalistas. Non houbo somellante alianza. Os nazonalistas loitaron solos. E no primeiro distrito, si trunfou o candidato maurista e si o candidato garciprietista conquireu moitos votos, por mor dos repubrincanos foi, xa que c’un egoísmo condenable lle restaron sufraxos ô noso candidato Antón Vilar Ponte, que d’outro xeito abranguería o trunfo.


As cousas craras, cristaiñas e sinxelas. Os repubricanos no pecado levaron a penitenza. Quixeron todo para eles, e a coalición monárquica arrebatoulles forza”.


Naturalmente, dirixiron os ataques ás forzas da dereita monárquica:
“Os mauristas, pol-a sua parte, non poden estar moi fachendosos c’o seu trunfo. […] Débenlle o trunfo que abrangueron â merca de votos, â coacción sobr’os traballadores que dependen de patrós dereitistas, i-ô viño i-ôs xantares con que encheron i-emborracharon âs xentes do pobo.


Non trunfaron por amistades e simpatías; non trunfaron pol-a forza d’unha ideoloxía, senón gracias ô que xa fica dito”.
Dedicaban, tamén, un apartado especial ao candidato de Romanones, o adversario de Peña Novo: “¿E qué diremos dos romanonistas? […] Pois o romanonista Sr. Suárez foi derrotado pol-o nazonalista Pena Novo. O Sr. Suárez gastou moitos cartos e nin así consiguíu torcere a vountade popular. Sin dúbida porque o terceiro distrito da Cruña é o único xa democrático e liberal que nos queda”.


Finalizaban cunha valoración global na que manifestaban non comprender por que, se as forzas vivas coruñesas non querían política no concello, se fixera unha coalición monárquica e por que os xornais, agás El Orzán, recomendaran como única candidatura honrada a desa coalición. Engadían que non lles extrañara esa actitude por parte de El Ideal Gallego nin de La Voz de Galicia, mais si de El Noroeste, que se fartara de airear que o maior inimigo de Galicia era o garciprietismo.


E visto o visto, concluían:
“Quedamos, pois, os nazonalistas como unha forza pura, sin lixos nen estoria chea de máculas. Quedamos os os nazonalistas que non somos nin monárquicos nin repubricanos, pro que fumos e hemos ser sempre mais liberaes, mais democráticos, e mais radicaes en senso sociolóxico que ninguén, para impôr a verdade e facer meiante a verdade libres ôs homes galegos. Quedamos os nazonalistas como unha esperanza de redención e como unha forza fonda e indestrutible de progreso”.


Dous días máis tarde, o 12 de febrero, eran proclamados os eleitos pola Xunta Municipal do Censo. Así, El Orzán, de 13 de febreiro, no solto “La proclamación de concejales” recollía:
“Ayer se verificó ante la Junta municipal del Censo el escrutinio general y la proclamación de los concejales elegidos el domingo último.


El candidato del tercer distrito D. Luis Suárez González formuló protesta que le fue admitida, proclamándose seguidamente a los señores siguientes: […] Tercer distrito: D. Antonio Seijo, D. Alfonso Vázquez y D. Luis Peña Novo.
[…] “Con este acto terminó el período electoral”.


A reclamación, como se verá, afectaba directamente á elección de Peña Novo. Estaba en risco o posto do primeiro concelleiro nacionalista.

Unha disputada concellalía (XLVIII)

Te puede interesar