O Concello fará análises da auga de baño en Caranza e A Graña

O Concello fará análises da auga de baño en Caranza e A Graña
playa de caranza

O BNG alertou onte do peche definitivo ó baño das praias de Caranza e da Cabana, xa que Sanidade decidiu eliminalas do censo de areais que analiza durante a tempada estival para controlar posibles episodios de contaminación. Estes dous espazos teñen unha agua cunha calidade insuficiente para permitir o baño desde hai varios anos e de novo en 2015 pecharon o verán con esta mala nota. Isto é unha das principais consecuencia do verquido de augas fecais á ría mentres non funcione o saneamento. Por iso desde o BNG urxen a que se tomen medidas neste senso.
Considera o grupo nacionalista “alarmante a pasividade coa que se está a actuar fronte ao desentendemento do goberno central respecto dunha infraestrutura da súa competencia”. Culpa ó Estado dun retraso de décadas, de desenvolver unha infraestrutura obsoleta e “de incumprir os prazos de execución das obras e da súa posta en funcionamento”. Así, hai “unha estación depuradora que non depura e un longo historial de agravios para coa nosa ría que parecen non provocar nin a máis mínima reacción no goberno local”. Ínstano a que “desenvolva as medidas necesarias para resolver este problema no espazo de tempo máis breve posíbel” e ademais volven pedir que se informe sobre que cantidade terá que pagar Ferrol polas obras que se desenvolven na rede de sanemaneto no 2016 e que xa non contan con financiamento europeo. Ese pago “ten que ser asumido polo Concello de Ferrol a maiores da porcentaxe do 13% que se recolle no convenio avalado polos partidos estatais no anterior mandato”.
“Que máis ten que pasar para que este goberno tome algunha decisión respecto desta infraestrutura que nunca entrou en funcionamento e non faga responsábel destas deficiencias aos veciños e veciñas da cidade?”, pregúntanse.

o concello toma o relevo
O Concello de Ferrol informou de que asumirá os controis nas praias de Caranza e da Graña que deixa de facer a consellería de Sanidade. “O Concello tomará mostras durante o verán para controlar os valores e as mesmas analíticas que a Xunta de cara á tempada do verán aínda que esperamos que coa entrada en funcionamento do saneamento se resolva unha situación que vén herdada de hai anos”, afirmaba onte o edil de Servizos, Bruno Díaz. Denunciou de novo a “fraude da depuración e da depuradora no pasado goberno local” e como precisamente a ausencia desa depuración efectivo fixo que as dúas praias permanecesen pechadas por contaminación durante o verán pasado por amplos períodos de tempo.
Asegura o edil que desde o goberno local trabállase para que o saneamento entre en funcionamento canto antes. Isto debería ter como efecto unha mellora “en breve prazo” da contaminación das augas da ría.

O Concello fará análises da auga de baño en Caranza e A Graña

Te puede interesar