Magín Blanco e Ghazafelhos estrean en Narón unha nova produción músico-teatral

Magín Blanco e Ghazafelhos estrean en Narón unha nova produción músico-teatral
Magín Blanco é o autor de todas as composicións que forman parte da proposta


“A nena e o grilo máis aló” é o nome do novo proxecto, no que todas as composicións musicais son autoría do propio Magín, grande coñecedor do público infantil logo de catro traballos editados para este público.

O proxecto “A nena e o grilo” de Magín Blanco comezou hai xa uns anos co álbum “O país das apertas” para continuar co de “A nena e o grilo nun barquiño”, dous traballos que tiveron moi boa acollida entre o público, mesmo con múltiples representacións fóra da comunidade autónoma de Galicia coa súa tradución ao castelán.


Fío condutor
Teñen como fío condutor a dúas personaxes que son o reflexo das nenas e nenos no seu camiño da vida; recollen todo o mundo que o rodea e o transforman nunha aprendizaxe filtrada polos ollos da infancia.

Nesta nova entrega, a nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña... Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A creación vai dirixida a nenos a partir de tres anos. As entradas custan 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, desempregados, os que teñan carné xove ou de estudante. Para os menores de 14 anos o prezo é de 5,50 euros.
Ademais da estrea, haberá tamén funcións escolares que serán ás 10.00 e 12.00 horas os días 29, 30 e 31 de outubro.

Magín Blanco e Ghazafelhos estrean en Narón unha nova produción músico-teatral

Te puede interesar