Moeche estreará catro novas ordenanzas que se atopan en período de exposición pública

Moeche estreará catro novas ordenanzas que se atopan en período de exposición pública
Diario de Ferrol-2018-08-29-015-827eee40

O Boletín Oficial da Provincial do pasado 23 de agosto faise eco da apertura do período de exposición pública de catro novas ordenanzas aprobadas polo Concello de Moeche no último pleno.
As novas normas regularán a conservación de vías públicas no transcurso da actividade extractiva da madeira, muy habitual no termo municipal, con requisitos a hora de solicitar autorizacións do tránsito de maquinaria pesada forestal, entre outras cuestións como establecer obrigas e prohibicións; outra que se encarga dos prezos públicos establecidos para a limpieza de fincas con medios municipais e pola prestación do servicio de xestión de biomasa vexetal; a terceira disposición regulará a concesión de axudas de emerxencia social, un capítulo para o que a administración local reserva unha partida de 10.000 euros e, por último, aprobouse outra disposición que se encargará de regular o uso da lingua galega no ámbito da administración local, así como a súa promoción dentro do territorio. O contido detallado de cada unha destas novas ordenanzas municipais que se aplicarán no territorio modstino permanecerá a exposición pública durante 30 días contados desde o pasado 23 de agosto. l

Moeche estreará catro novas ordenanzas que se atopan en período de exposición pública

Te puede interesar