Estudantes de seis institutos loitarán na final do concurso de Mecano do Campus local

Estudantes de seis institutos loitarán na final do concurso de Mecano do Campus local
Os técnicos do Campus visitaron as propostas dos equipos participantes | d.a.

Estudantes dos institutos Saturnino Montojo e Sofía Casanova de Ferrol; Ortigueira; Virxe do Mar, de Noia; Leiras Pulpeiro, de Lugo; e Pontepedriña, de Santiago, reuniranse esta mañá no salón de actos do campus de Ferrol para dirimir a final do Concurso de Mecano organizado polo Campus Industrial de Ferrol.
O obxectivo do certame pasa por estimular a creatividade, o traballo en equipo e achegar o mundo da enxeñaría e a tecnoloxía aos estudantes do último curso dos institutos galegos a través da construción e programación dun robot para posteriormente superar unha serie de obstáculos proxectados nunha “xincana”, segundo se informou desde a Universidade da Coruña.


O concurso consta de dúas fases. Nunha primeira, que xa se desenvolveu, os participantes tiveron que elaborar un vídeo explicativo da súa proposta e subilo a facebook e que ten un peso do 50% na puntuación final (os puntos conseguidos van en función dos “likes” acadados).
A segunda proba é a que terá lugar hoxe. Consiste na presentación e defensa da proposta ante un xurado formado por persoal docente e investigador do Campus Industrial de Ferrol. O premio consistirá nunha cámara de VicTsing Eypro Cámara Acción Deportiva 1080P para cada un dos estudantes gañadores.
A xornada incluirá unha presentación do Campus Industrial e unha visita guiada aos laboratorios universitarios.

Estudantes de seis institutos loitarán na final do concurso de Mecano do Campus local

Te puede interesar