Satisfacción en Cabanas Rural pola repercusión das xornadas de fiado

Satisfacción en Cabanas Rural pola repercusión das xornadas de fiado
jornadas de hilado en de Lavandeira

Moi satisfeita rematou a Asociación de Mulleres Cabanas Rural as primeiras xornadas de fiado que, en colaboración con Do Acibreiro, a única marca rexistrada no Estado que elabora produtos para estas labores, se desenolveron desde o venres e até onte no pavillón de Lavandeira co obxectivo de lle amosar e aprender aos interesados as distintas técnicas que as socias da propia entidade foron coñecendo ao longo dos seis últimos anos.
Perto de corenta persoas, algunhas delas procedentes de Cangas ou de Santiago de Compostela, acudiron á chamada da entidade cultural cabanesa, que destacou a importancia de poder transmitir os coñecementos ancestrais doutros territorios a fiandeiras que, dominando a lá, queren aprender outras técnicas, materiais e utensilios empregados noutras culturas.

exemplo único
A Asociación de Mulleres Cabanas Rural quixo agradecer especialmente o traballo Do Acibreiro, que puxo a disposición das participantes –moitas delas sen experiencia nas técnicas que se ensinaron– os materiais necesarios para o desenvolvemento da xornada.

Satisfacción en Cabanas Rural pola repercusión das xornadas de fiado

Te puede interesar