José Luis Botana logra o IV Premio de Fotografía “Concello de Narón”

José Luis Botana logra o IV Premio  de Fotografía “Concello de Narón”
Copia de Diario de Ferrol-2013-12-15-014-f15da99f

O fotógrafo ferrolán José Luis Botana logrou o IV Concurso de Fotografía “Concello de Narón”. Fíxoo coa imaxe “Lumpau”, na que retrata un reflexo no cristal do vestíbulo do Pazo da Cultura. O artista local obtén así 750 euros pola imaxe gañadora.
O xurado do certame estivo composto polo fotoxornalista de El Correo Gallego Kiko Delgado; o director de Cadena Dial Rías Altas, Alfonso López; o  técnico de Información do Concello de Narón, Manuel Rodríguez; a responsable de Prensa do Concello de Narón, María Luaces; e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto. Eles foron os responsables de elixir as mellores entre as máis de 150 imaxes presentadas ó concurso. Delas o segundo premio, dotado con 300 euros,  foi para o naronés José Manuel Ferreiro Otero  por “Garceta”, unha imaxe do Muíño das Aceñas. En terceiro lugar quedou Juan Luis Rúa Prieto, da Coruña, cunha imaxe da praia do Casal titulada “Uxío” e premiada con 150 euros.
Así mesmo, o xurado seleccionou outras 10 fotografías que compondrán (xunto coas tres premiadas) o calendario do ano 2014 que editará a Concellería de Turismo e que estará a disposición gratuíta dos veciños de Narón no Rexistro Xeral do Concello a partires de xaneiro.
O IV Concurso de Fotografía tiña como obxectivo amosar a riqueza do municipio naronés tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos e festas populares.

José Luis Botana logra o IV Premio de Fotografía “Concello de Narón”

Te puede interesar