Carlos Barcón e Pepe Gascón expoñen no Parador

gascón, en plena faena e, á dereita, helena villar janeiro l.p./s.d.
|

O pintor Carlos Barcón e o escultor Pepe Gascón amosarán o seu traballo no Parador de Ferrol, nunha exposición que se inaugura este venres, ás oito da tarde, nas instalacións deste establecemento hostaleiro.

Os dous artistas, cunha ampla traxectoria ás súas costas, son membros da Sociedad Artística Ferrolana. De feito, o seu recén reelixido presidente, Ricardo Díaz-Casteleiro, será o encargado de facer a presentación da mostra no acto de apertura desta semana.

Tamén da SAF é Enrique Cubeiro, pintor nacido en Madrid pero afincado en Galicia desde hai trinta anos e que expón os seus óleos ata o 3 de febreiro no Casino Ferrolán.

Unha ruta polos centros expositivos da cidade ten parada obrigada hoxe no Carvalho Calero, onde se abre ó público a exposición de cerámicas de Reyes Rosas Alonso “El corazón en la ventana”. Poderá verse ata o 11 de febreiro.

Ademais, no Torrente Ballester, ás 19.30 horas, o Liceo Europeo de las Artes tamén inaugura unha mostra. Trátase de fotografías feitas por Roberto Marín, Luz Barreiro e Andrés F. Blanco.

 

helena villar janeiro

A escritora Helena Villar Janeiro tamén forma parte propostas expositivas máis suxerentes da semana. O xoves inaugura “Soños de auga”, unha mostra fotográfica que se poderá ver en El Cíber de Mao, fronte ó Concello de Fene, ata o 28 de febreiro. É a primeira vez que expón a súa obra na comarca.

 

Carlos Barcón e Pepe Gascón expoñen no Parador