Rut Balbís e Cristina Montero levan ó Torrente o seu “Momento Blooming”

Rut Balbís e Cristina Montero levan ó Torrente o seu “Momento Blooming”
blooming / cartel do espectáculo

Cristina Montero e Rut Balbís fixeron o espectáculo “Momento Blooming” para levar a danza contemporánea a calquera espazo, nun momento moi complicado para chegar a un escenario convencional. Só precisa 2 x 2 metros para desenvolver a súa coreografía, na que expresan como se senten ante a situación de depresión a todos os niveis que estamos a vivir. Bares, terrazas, azoteas ou mesmo as casas particulares poden albergar esta proposta, pero este xoves estarán no Torrente Ballester. É dentro da programación de Noites na Capela, ás nove da noite, con entradas a catro euros.
Balbís e Montero, que para as súas creacións xuntas se fan chamar Lastricotouses, adaptarán esta proposta ó Torrente, un espazo máis convencional que para os que se concibiu “Momento Blooming” e que, polo tanto, deixará de selo ante este “cóctel anticrise” de música, movemento e danza.

silvia penide
O programa das Noites na Capela para o mes de outubro inclúe a actuación da cantanta Silvia Penide para o xoves 10. Presentará o seu quinto disco, “Animal de compañía”. O xoves 17 será Luís Moro quen tome o relevo, nesta ocasión para dar conta dos temas que inclúe no seu traballo “Cielo color burdeos”. Voadora presentará “Happy End” o día 24. Trátase dunha peza de microteatro para un aforo aproximado de quince persoas. Outubro rematará o xoves 31 cun concerto do grupo folk Balakandra.

Rut Balbís e Cristina Montero levan ó Torrente o seu “Momento Blooming”

Te puede interesar