“La vida a 5 nudos”, sobre o Juan Sebastián de Elcano, estréase hoxe nos Dúplex

Desde hoxe, e durante toda a semana, ás 20.30 horas os cines Dúplex de Esteiro proxectan o documental “La vida a 5 nudos”, un traballo sobre o emblemático buque escola da Armada española Juan Sebastián de Elcano. Dirixida por Alejo Moreno, con guión do propio director e de Laura Gómez Vega.
“La vida a 5 nudos” é unha película producida por Borrasca Producciones para Telemadrid, e foi seleccionada no Festival de Cine Español de Málaga. Propón unha mirada á intimidade do referencial buque Juan Sebastián de Elcano. A pesar da aparente lentitude, a actividade abordo pode chegar a ser frenética e o seu bo rumbo depende da colaboración e coordinación dun grupo humano de máis de duascentas persoas entre mariñeiros, civís, oficiais, suboficiais e gardamarinas.   

“La vida a 5 nudos”, sobre o Juan Sebastián de Elcano, estréase hoxe nos Dúplex

Te puede interesar