Cabe & Julie Guravich e o grupo BÖJ, no cartel musical desta semana na sala ferrolá La Room

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-6d8a7415
|

A actividade musical na dinámica sala La Room, situada na rúa do Sol, 142, comezará esta noite, a partir das 23.30 horas, coa actuación do dúo formado por Cabe & Julie Guravich. A entrada será de balde.

Mañá sábado será a quenda para o grupo BÖJ, que achegará ao público o seu folk irlandés e escocés. A entrada neste caso custará dous euros. A formación vén de recibir o primeiro premio no XIV Concurso Folkez Blai, celebrado a fin de semana en Ermua. A banda acadou así un premio de 3.000 euros, ademais da oportunidade de poder tocar na vindeira edición da cita e no Getxofolk.

Cabe & Julie Guravich e o grupo BÖJ, no cartel musical desta semana na sala ferrolá La Room