“Nos casos de abusos á infancia estamos como nos do maltrato á muller hai corenta anos”

“Nos casos de abusos á infancia estamos como nos do maltrato á muller hai corenta anos”
víctor manuel lópez avoga pola formación dos sectores implicados d.a.

As II Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia que organiza Agamme –Asociación Galega contra o Maltrato a Menores– mañá, de 10.00 a 14.00 horas, na sede do Ateneo Ferrolán, traerán a Ferrol profesionais de diversos ámbitos que pretenden sacar á luz unha problemática moitas veces oculta ó padecerse no ámbito intrafamiliar.

O responsable da área xurídica da entidade Agamme, Víctor Manuel López, explica que precisamente o obxecto das xornadas é facer pública esa realidade e que así se produza un debate público no que se impliquen cantos máis axentes mellor, co fin de concienciar ás administracións da necesidade de tomar cartas no asunto.

E é que os datos son demoledores. Víctor López asegura que o abuso infantil “é o maior problema de orde público do país e a nivel occidental”. Según os estudos dos profesores López e Carpintero e o seu equipo, traballos feitos sobre persoas maiores de 18 anos, hai un índice de afectación do abuso sexual de un 20% nas nenas e un 15% nos nenos, o que se traduce, como di o avogado de Agamme, en miles e miles de persoas.

Sendo tan numeroso é difícil entender para entidades como Agamme por qué non se enchen os xulgados con estes temas. Trátase, como explica Víctor López, dun problema no que concurren elementos sociolóxicos, culturais, se consideran temas tabús –porque a afectación se leva a cabo maioritariamente no ámbito da familia–, pero tamén está a cuestión administrativa. A realidade, afirman dende a entidade que loita contra o maltrato, é que non se dan respostas axeitadas e non se protexe ós menores nunha situación desta envergadura. Nin tan sequera os denunciantes poden considerarse protexidos.

Víctor López asegura que no tema dos abusos á infancia estase como nos casos do maltrato á muller hai corenta anos. Así, o responsable da área xurídica de Agamme apunta que Unicef fala do alto índice de incidencia e que o Consello de Europa está a facer unha campaña que mostra que un de cada cinco nenos europeos sofre abusos. “Hai a idea errónea de que a infancia está sobreprotexida nas sociedades occidentais e non é certo. A proba está en que a crise deixou ó 20% da infancia no umbral da pobreza”, apunta López Casal.

Así, dende Agamme, explica este avogado, o primeiro que se reclama é a existencia dunha lei de protección á infancia maltratada. Que as administracións aporten recursos para detectar estes problemas, sobre todo por parte de profesionais como pediatras ou mestres. Moitos deles, explica Víctor López, preguntan por qué habendo esta afectación non o detectan. E para iso é necesario formación, que se dean claves para poder saber que algo está pasando.

Unha vez detectado o caso, reclamáse que existan uns cauces de obrigado cumprimento, uns protocolos con profesionais perfectamente formados para coller ó menor dende o principio e iniciar medidas de protección para poder recabar as probas necesarias para iniciar un proceso penal que acabe en bo porto. Actualmente, asegura o avogado, non se produce, e as testemuñas poden tomarse catro ou cinco meses despóis cando xa están viciadas. Non hai nin sequera psicólogos infantís no instituto de medicina legal de Galicia, por exemplo, apunta Víctor López.

Falando do abuso sexual infantil hai que ter en conta, ademáis, a idade dos afectados. Dende Agamme chámase a atención sobre que “se está falar de rapaces moi pequenos, xa que os maiores poden dirixirse a amigos, adultos... ós que contar o problema. En nenos de curta idade, e cando o problema é a mesma familia, cobra máis importancia que quen os rodean –médicos, mestres, etc– o perciban, para iso teñen que estar formados para captar as mensaxes, porque un neno pequeño non di nada, so amosa síntomas que hai que interpretar (introversión, agresións, condutas extranas, etc.)”.

 

entrevistas

Precisamente para intentar que se produza un cambio, a asociación Agamme ten levado a cabo reunións co presidente do TSXG, co Fiscal Xefe, coas diferentes Consellerías, etc. Todos eles, apunta López Casal, “recoñecen eivas graves e a necesidade deses protocolos de obrigado cumprimento”.

Tamén se falou co delegado de Goberno porque consideramos necesaria, sinalou, unha unidad da Policía Nacional, da Garda Civil para intervir, psicólogos, médicos, forenses, etc. e se mantivo recentemente unha entrevista co xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, para poder levar a cabo cursos a pediatras e médicos de familia. Despóis sería o turno dos mestres. Mentras se tenta que a situación mellore, xornadas como a de mañá sacan á palestra a situación real.

Os contidos inclúen “O abuso sexual intrafamiliar. Mitos e realidades”, “A xustiza española fronte ao abuso sexual infantil na contorna familiar”, “Infancia e xustiza: unha cuestión de dereitos” ou “A síndrome de alienación parental, o sensentido dunha polémica”. Entre os profesionais que acudirán á cita se atopan psicólogos como Carolina Iglesias ou Manolo Lopo e se presentarán informes como o de Save the children.

 

“Nos casos de abusos á infancia estamos como nos do maltrato á muller hai corenta anos”

Te puede interesar