A cita cos Maios abre unha semana chea de actividades en Pontedeume

A cita cos Maios abre unha semana chea de actividades en Pontedeume

As actividades do mes de abril dedicadas ao libro no municipio de Pontedeume ceden neste novo mes o protagonismo ao Día das Letras Galegas. Xunto ás propostas programadas arredor da devandita conmemoración, haberá tamén espazo para outras citas que encherán de ambiente a vila. A primeira tivo lugar onte, co tradicional Concurso de Maios.


As composicións florais participantes reuníronse nos xardíns de Lombardero para desde alí pecorrer as rúas do pobo ata chegar á Alameda de Raxoi. Na creación das obras puideron ser empregadas todo tipo de flores, valorándose positivamente que as flores foran de temporada.

Poesías e coplas
Cada maio tivo que ser acompañado dunha poesía ou cantiga orixinal e inédita. A figura, a dificultade da creació ou os elementos vexetais empregados foron algúns dos aspectos a valorar polo xurado.

Ademais de diplomas, as bases recollían a entrega de galardóns á mellor copla, á participación e un primeiro, segundo e terceiro premio nas categorías de Maio Grande e Maio Pequeno.


Trala celebración de onte, a axenda do municipio para esta semana incluirá propostas como teatro afeccionado, cantos de taberna, a presentación dun libro e contacontos para nenos.

A cita cos Maios abre unha semana chea de actividades en Pontedeume

Te puede interesar