Unha ducia de compañías enchen hoxe de teatro as rúas de Ferrol

Unha ducia de compañías enchen hoxe de teatro as rúas de Ferrol
Teatro Amador zona del Jofre

O II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa encherá de actividade escénicas as rúas e prazas da cidade durante todo o día de hoxe, á marxe de que chova ou faga sol. Unha ducia de compañías e un mago participan nesta proposta organizada pola asociación Ti e Máis Eu Teatro.
O percorrido deste pasarrúas teatral comezará ás doce do mediodía na praza de Amboage, coa Escola Municipal de Teatro de Vigo e o sketch “Manipulación”. Despois marcharase cara ó parque Raíña Sofía, onde ás 12.45 horas Folerpas Teatro, de Laxe, representa “Viaxe no tempo”. A praza Vella será o escenario para que, ás 13.00 horas, Moreashow, do Barco de Valdeorras, dea vida a “Dime que me queres”. A seguinte cita será ás 13.30 no Mercado da Magdalena con Teatro Estepario de Vigo e “Teddy Bear” e despois, ás 13.45, Arte Pingüe, tamén da cidade olívica, representan “36M3”.
No seu percorrido, mañá e tarde, as compañías estarán acompañadas pola charanga Diskordia e polo guitarrista David Fernández. Ó mediodía marcharán en lancha a comer a San Felipe e ás cinco reanudarán a festa no hotel Carrís Almirante con Metátese (Palas de Rei) e “A gran final”. O mago Benjamín, de Ortigueira, estará de 17.15 a 18.15 na praza de Armas e a esa hora comezará o sketch “A escola”, de Quemaisten (As Pontes) na praza de España. Artias (Teo) amosará “Odio aos meus fillos” na praza de Sevilla ás 18.30 e A Fiestra (A Coruña) pon en escena “Se o sei, morro antes...” ás 18.45 na praza do Himno Galego. Nas Angustias a función será ás 19.00 con Pan e Rosas (Valdeorras) e “Falemos de sexo” e o percorrido pecharase ás 19.30 na praza da Constitución coa compañaía El Ruiseñor, de Culleredo e o seu “Vermello”. Alí, no auditorio da Fundación Novacaixagalicia, ás 20.30 horas, o grupo Cachivache, que vén desde Valencia, representará “Un corazón lleo de lluvia”.
Este festival teatral continuará o domingo, ás 11.30 horas, coa presentación no Almirante dunha nova asociación para as compañías de teatro afeccionadas, a Federación de Teatro Amador Galego, Amatega. Ademais nestas instalacións, ata finais de mes, hai unha exposición que resume os dez anos de existencia de Ti e Máis Eu Teatro e outra dedicada ós espantallos, en colaboración coa asociación cultural La Cañada del Arte. n

Unha ducia de compañías enchen hoxe de teatro as rúas de Ferrol

Te puede interesar