O Festival da Danza mugardés pecha a súa primeira edición con moi bo sabor de boca

O Festival da Danza mugardés pecha a súa primeira edición con moi bo sabor de boca
Xunto ás sesións formativas, o programa incluíu espectáculos de danza durante a fin de semana | daniel alexandre

Con moi bo sabor de boca pechou onte o Festival de Danza de Mugardos MuDanzas a súa primeira edición, celebrada desde o pasado venres en diferentes localizacións da vila e organizada polo Concello xunto ao club de baile Móvete.


Máis de 174 persoas tomaron parte durante os tres días nas clases desenvolvidas en diferentes estilos: zumba (a cargo de Patri García), hip hop (Sara Vicente), ballet (Jesús Quiroga), lírico (Cati Barro), salsa e bachata (José de la Paz) e contemporáneo (Sandra).


Xunto a estas sesións formativas, o programa completouse cunha serie de espectáculos a cargo das escolas e clubes participantes. Ademais dos anfitrións de Móvete (con 31 participantes), secundaron esta primeira edición do MuDanzas o Gym Xiros (con 12 persoas), Jesús Quiroga (3), CBD Narón (4), Suso Lago (20) e Fitness Fene (10).
Desde a organización valoraron a excelente acollida rexistrada nesta primeira edición dun programa que tivo por obxectivo compartir formación, presentacións e convivencia, xa que o Concello habilitou o pavillón do Cristo para que nel se aloxasenos bailaríns e bailarinas inscritos na cita.


Esta gran resposta anima sen dúbida a organización a dar continuidade ao evento.

O Festival da Danza mugardés pecha a súa primeira edición con moi bo sabor de boca

Te puede interesar