O impulso da participación e a educación protagonizan o Día da Discapacidade

O impulso da participación e a educación protagonizan o Día da Discapacidade
Colocáronse sinais de aparcamento no entorno dos centros escolares | d.a.

Ferrol conmemorou onte o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun acto simbólico no CEIP Cruceiro de Canido, onde se colocou un sinal especial que marca as prazas de estacionamento reservadas. Esta sinaléctica no entorno dos colexios estendeuse a otros cinco e forma parte dun programa máis amplo para traballar cos rapaces e que se poñen no lugar das persoas que teñen algún grao de discapacidade física ou psíquica.

“Sobre rodas” é o nome desta ampla acción didáctica que se fai en colaboración coa entidade Aprende a Voar. Os alumnos imaxinan as situacións que afrontan na vida cotiá estas persoas e toman decisións ao respecto. Ao mesmo tempo, tamén se conciencian e serven de canle para chegar aos adultos e aportar outra ollada sobre a realidade.

“Se queremos vivir nunha sociedade diversa e na que poidamos convivir en igualdade temos que traballar arreo na educación dos nosos nenos e das nosas nenas”, apuntou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. “Aí enlaza este proxecto, que se visibiliza hoxe aquí con estas placas pero que vai máis aló”.

Tamén neste día se quere potenciar a participación na sociedade das persoas con calquera tipo de discapacidade. Desde a asociación ASCM deron forma a un Laboratorio de Inclusión que onte mesmo se estreaba. A través da dirección web www.3-12ferrol.net achégase material para poñer en relación á cidadanía, ás entidades e ás institucións. Ademais, permite salvar na medida do posible a brecha no trato persoal á que obriga a pandemia. “O obxectivo é que sexa aberta, viva e participada”, comentou Martínez.

Ao acto asistiron representantes das entidades e concelleiros de diferentes partidos.

O impulso da participación e a educación protagonizan o Día da Discapacidade

Te puede interesar