O certame dos Maios de Pontedeume encheu de flores as rúas da vila

Copia (3) de Diario de Ferrol-9999-99-99-999-71ba47e9
|

A vila de Pontedeume encheuse o domingo de flores e de colorido con motivo da celebración do Días dos Maios. O bo tempo animou á xente a gozar dunha cita na que foron repartidos máis de 500 euros en premios no tradicional certame convocado nesta festa da primavera, cargada de orixinalidade.
Na categoría de maios grandes, a composición floral “A bruxa do Maio”, da ACRM Xente de aquí e de acolá  gañou o primeiro premio. O segundo foi para a creación “O Cruceiro”, da AVV de Boebre, e o terceiro para “A galiña choca”, do CEIP Couceiro Freijomil.
Na modalidade de maios pequenos, o primeiro premio foi para a obra de Airiños do Eume, seguida polos traballos florais elaborados pola AVV Boebre e de novo un feito polo colexio Couceiro Freijomil.
Xente de aquí e acolá levou ademais o premio á mellor copla. A concentración dos maios tivo lugar nos Xardíns de Lombardero para logo percorrer as rúas da vila dos Andrade.

O certame dos Maios de Pontedeume encheu de flores as rúas da vila