“Da fantasía á realidade” tivo unhas 5.500 visitas

“Da fantasía á realidade” tivo unhas 5.500 visitas
Exposición Da fantasía á realidade na Fundación Caixa Galicia Vanesa Cebreiro

Ao redor de 5.500 persoas pasaron pola Fundación Novacaixagalicia de Ferrol nos últimos tres meses para ver a ampla mostra “Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936”, un ambicioso proxecto expositivo integrado por fondos da Colección de Arte da Fundación Novacaixagalicia que tamén incluía grandes obras da Colección de Novagalicia Banco. O catedrático de Arte da USC José Manuel García Iglesias foi o responsable de comisariar esta mostra que evidenciaba a conexión da plástica galega coa do resto de Europa desde comezos do século XIX.  
Así mesmo, os obradoiros plásticos que acompañaban á iniciativa acolleron a máis de 1.300 escolares da contorna. A mostra, formada por 28 obras, inaugurárase o 18 de febreiro e xa ampliara o seu calendario en vinte días debido á demanda da cidade e ao gran éxito de público que a exposición acadou.

“Da fantasía á realidade” tivo unhas 5.500 visitas

Te puede interesar