Fran Canosa | “O xeoparque é das poucas zonas onde se poden ver rochas tan singulares”

Fran Canosa | “O xeoparque é das poucas zonas onde se poden ver rochas tan singulares”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-08426255

Fran Canosa Martínez, xeólogo e guía do Xeoparque Ortegal. O galego leva 5 anos realizando as visitas na contorna e esta fin de semana celebrarán unhas xornadas divulgativas para que a xente coñeza os roteiros guiados que elaboran os organizadores con axuda da Xunta e os Concellos aos que pertencen os xacementos e paraxes naturais propios. 

Coas charlas que darán este fin de semana, pretenden que a xente coñeza máis a súa contorna? 
Son unas xornadas que están destinadas sobretodo de cara á poboación da contorna do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal é dicir, tanto xente do Cabo Ortegal coma de Ferrolterra, para que coñezan un pouquiño mais en detalle o proxecto e tamén que grandes profesionais que están  noutros xeoparques ou teñen relación con eles, lles conten aos asistentes que beneficios ten para o territorio, as experiencias que tiveron en outros lugares. Todo un pouco en base a introducir á poboación local sobretodo no funcionamento dos xeoparques e que posibilidades e recursos ten o noso territorio para conseguilo.

Que recepción pensa que terán as xornadas divulgativas?
O organismo que xestiona estas xornadas é a Deputación da Coruña e creo que van ter unha gran acollida porque non tivemos que publicitalo mais do que se presentou.

Onde se desenvolverán as visitas programadas?
Desta volta, coa idea de ter un equilibrio optamos por levar a xente ao interior. Visitando, polo tanto, a zona do Val do Río Xuvia que observaremos dende o Pico de Ferreira en San Sadurniño e despois nos desprazaremos ata Moeche para coñecer a casa das Ferrerías, pois a xente coñece o tema do toelo na zona, pero quizais non sabe o aspecto que sabe moi ben os sitios onde está todo. Mais tarde nos achegaremos ata a zona de Cerdido para ver os vestixios que quedan da explotación das minas de cobre polos ingleses a comezos do século 20, que quedan alí en forma de construccións, queda en pe unha chimenea de coción do mineral.

Van ir expertos da Unesco como o portugués Artur Agostinho. Pero, xa teñen unha data na que expertos da ONU vaian para considerar o parque como un xeoparque pola Unesco?
A Deputación da Coruña o ano pasado sacou unha partida presupuestaria de medio millón de euros para traballar no que é o “Plan Director” e no asesoramiento científico do proxecto para que todo esté ben masticado antes de presentar a candidatura, non aventurarse a facer as cousas a medias e entón a idea da Deputación é rematar este plan, ainda que tuvo certo retraso no plano administrativo, pero o fin e que ese “Plan Director” se poña en marcha o antes posible. E a candidatura e un pouco máis aventurado dar unha data, pero máis ou menos aproximadamente de cara ao ano 2020 ou 2021 esperamos presentala. A acreditación da Unesco obtense cando xa as cousas están ben traballadas e a idea e presentala proposta o antes posible.

Durante a tempada de verán, as visitas continuarán?
Como en anos pasados continuarán as rutas polo Cabo Ortegal. No caso de Cedeira este é o quinto ano consecutivo que colabora con nós para facer as rutas xeolóxicas, e podemos dicir que se consolida como unha maneira diferente de coñecelo territorio. Entón a idea e que se manteñan tal y como as viñemos facendo, pero falta pechar os horarios e as datas, pois co tema das eleccións se retrasou poder sacar a convocatoria, pero o alcalde de Cedeira, a alcaldesa de Moeche, que son dos que máis estaban a facer rutas xeolóxicas mostraron o seu visto bo a manter o programa. 

Que é o que destacan os visitantes e vostedes mesmos sobre unha localidade natural tan rica?
Dende un punto de vista xeolóxico somos un referente a nivel internacional porque é deses poucos lugares que temos no planeta que nos permiten coñecer un pouco mellor as rochas que na maior parte da terra non podemos ver porque se atopan a grandes profundidades. 

Entón, ese capricho xeolóxico sen dúbida está ao seu interese. Despois, dende o punto de vista natural, todo o que é a costa de cantís, esas zonas de especial protección como a Lagoa de Valdoviño ou a Ría de Ortigueira, sen dúbida constitúen un gran atractivo de interese biolóxico, pero sobretodo ornitológico, que hai bastante nestes lugares. E dende o punto de vista cultural, toda aquela arquitectura popular que hai na zona tamén é de destacar, así como xacementos arqueolóxicos na zona de Ortigueira ou na propia contorna da Serra da Capelada.

Persoalmente, que destacaría da experiencia como guía do xeoparque?
A verdade a experiencia é moi positiva, pois a pesar de que son lugares que a xente coñece moi ben  e dos que fago varias rutas ao longo do ano, hai unha boa acollida entre a poboación  local que iso tamén e importante. Os xeoparques non só están pensados para a xente de fora, tamén están para que a xente do territorio sepa valorar a súa riqueza. 

A afluencia da maior parte de turistas é nacional ou estranxeira?
Hai un empate técnico entre turistas nacionais e internacionais, hai unha porcentaxe importante da poboación que procede da zona ou de Galicia en xeral, con esa proximidade para coñecer o noso patrimonio. Tamén, para os turistas internacionais comeza a ser unha alternativa de promoción. 
El viernes comenzará la actividad con gran cantidad de geologos y expertos en geoparques que se concentrarán en la comarca para explicar el caso de Ortegal.

Fran Canosa | “O xeoparque é das poucas zonas onde se poden ver rochas tan singulares”

Te puede interesar