A editorial Embora publicará o libro que resultou gañador do Premio Arume de poesía para nenos

rafa vilar gañou a sexta edición
|

A editorial Embora publicará o libro premiado na sétima edición do Premio Arume de poesía para nenos, que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, como xa o fixera en anteriores ocasións. Trátase dun galardón dirixido a persoas de calquera nacionalidade, que presenten textos inéditos escritos en lingua galega. Deben conter un mínimo de 350 versos.
O prazo de admisión de orixinais está aberto e rematará o 31 de outubro. Deben dirixirse á Fundación Neira Vilas (36587, Gres-Vila de Cruces, Pontevedra), cun título e un sobre aparte cos datos persoais. O premio ten unha recompensa económica de 600 euros e entregarase durante o mes de decembro.
Desde a creación deste premio poético inscribiron o seu nome na lista de gañadores autores como Álvarez Cáccamo, Helena Villar Janeiro, María Campo, Concha Blanco ou Rafa Vilar, entre outros.

novacaixagalicia
Esta mesma semana remata tamén o prazo para presentar orixinais ó undécimo Premio de Poesía Novacaixagalicia. Ata o xoves 5 pódense mandar os traballos ó Centro Social Novacaixagalicia de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26, 36202). As obras aspirantes, escritas en galego segundo a normativa vixente, deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, inéditos na súa totalidade e sen que sexan presentados a outros concursos.
A recompensa consiste en 6.000 euros para o gañador, ademais da publicación na colección Arte de Trobar do Centro PEN de Galicia (organizador, xunto coa Consellería de Cultura e NCG). O fallo do xurado coñecerase durante o mes de outubro.

A editorial Embora publicará o libro que resultou gañador do Premio Arume de poesía para nenos