A estrea teatral de “Bernarda”, obra de José Luis Prieto, abre o mes de febreiro no Pazo

A estrea teatral de “Bernarda”, obra de José Luis Prieto, abre o mes de febreiro no Pazo
José Luis Prieto obra teatro Pazo Cultura Narón

A programación do mes de febreiro no Pazo da Cultura de Narón comezará hoxe coa estrea, ás 20.30 horas– da obra de teatro “Bernarda”, escrita e dirixida polo dramaturgo naronés José Luis Prieto. A compañía Malasombra será a encargada de poñer en escena unha peza que recupera o personaxe da obra de Federico García Lorca de 1936 para trasladada á localidade galega de Vilalba no ano 1975.


A protagonista queda viúva o mesmo día que morre Franco, decretando un rigoroso loito para as súas dúas fillas mozas nun momento no que a sociedade comeza a sufrir importantes cambios trala escura estapa marcada pola ditadura.


A obra reflicte o choque de xeracións entre nai e fillas nun momento clave da historia de España onde conviven as tradicións máis conservadoras coas ansias por acadar un mundo diferente cos seus propios códigos e condutas. 

Actitude
Bernarda non entende a música yeyé, as minisaias, os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, actitude que se atopa de fronte coa das súas fillas
A naronesa Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja protagonizan a obra. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es).


O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Mañá repetirase a función ás 20.00 horas.

A estrea teatral de “Bernarda”, obra de José Luis Prieto, abre o mes de febreiro no Pazo

Te puede interesar