Cerdido reviviu un ano máis a tradición da malla do trigo

Cerdido reviviu un ano máis a tradición da malla do trigo
Festa da Malla nos Casais en Cerdido

Os asistentes á festa da malla que cada ano, e dende hai oito, organiza a entidade Restauracións Amigos dos Casás, tiveron que lidiar onte co tempo. Este deu tregua pola mañá para poder levar adiante con éxito os labores do campo, é dicir, a recreación do traballo de malla tal e como se facía hai anos tanto nesta zona como noutras moitas aldeas galegas.
Xa pola tarde, as carpas instaladas permitiron que a festa non se augara máis do necesario e así perto de medio millar de persoas quedaron a comer, nun xantar que incluíu paella, churrasco, crioulos e cachelos e disfrutaron logo da música, que tanto na sesión vermú como ben entrada a tarde estivo amenizada polo dúo “Marisol y Suso”. Para pechar a festa, que contou con máis participación que o ano pasado, saíron de novo unhas raiolas de sol, que deixaron claro que o ano que vén voltará á malla.
A entidade organizadora pretende con esta iniciativa lembrar como se traballaba no campo non hai tantos anos e a dureza que tiñan eses labores, que servían tamén como actos sociais, pois neles se reunían os veciños para axudar coa malla do trigo.
Ademais da malla e da festa popular, os asistentes puideron recordar ou descubrir unha maquinaria que data, nalgúns casos, de principios do século XX e que aínda está en funcionamento.
As pezas amosáronse dende o sábado nos Casás e na nave municipal de Cerdido. n

Cerdido reviviu un ano máis a tradición da malla do trigo

Te puede interesar