A narración oral, protagonista desde mañá en Narón co Festival Internacional

O VII Festival Internacional de Narración Oral “Conta con Narón” poñerá una ano máis no primeiro plano da escena cultural e literaria os relatos, contos e demais historias que sobre o escenario do Auditorio municipal de Narón brindarán os protagonistas desta edición: s galegos Paula Carballeira e Quico Cadaval xunto a Nelson Calderón (Colombia) e Boniface Ofogo (Camerún). 
Xunto ás sesións independentes de cada un deles, todos xuntaranse o venres nunha “Contada colectiva” que dará comezo a partir das 20.30 horas no devandito espazo cultural.
A convocatoria nace, segundo explicou onte a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, como extensión do Festival da vila de Agüimes (Gran Canaria), que comezou o pasado 22 de febreiro e concluirá hoxe mesmoo.
A entrada para asistir á sesión conxunta dos catro narradores ten un prezo de 7,50 euros para o público en xeral e será gratuíta para os abonados –os acompañantes destes últimos, un máximo de dúas persoas, pagarán cinco euros pro cada localidade–.

inauguración
A inauguración do festival terá lugar mañá xoves, ás 20.30 horas, no Café Teatro do Pazo da Cultura, co espectáculo de Nelson Calderón. Logo da sesión colectiva do venres, os sábado haberá dúas contadas infantís a cargo de Paula Carballeira, que fará gozar coas súas historias na  cita a desenvolver na Biblioteca Municipal do Alto, e de Boniface Ofogo, que fará o propio no Centro Cívico Social de Xuvia. En ámbolos dous casos, a actividade comezará a partir das 12.00 horas.
Segundo a concelleira de Cultura de Narón, con esta iniciativa apóstase un ano máis por “achegar á cidadanía novas propostas de artes escénicas, que permiten interactuar neste caso aos narradores co público e que se realizan fóra dos espazos escénicos habituais”. Ferreiro salientou ademais a calidade dos artistas convidados e animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias “nas que a través dos protagonistas teremos oportunidade de escoitar historias moi variadas e dirixidas tanto aos adultos como ao público infantil”.

A narración oral, protagonista desde mañá en Narón co Festival Internacional

Te puede interesar