Gangas, talleres e animación na cita do CCA da Magdalena

Gangas, talleres e animación na cita do CCA da Magdalena
Mercado de las Gangas

O Centro Comercial Aberto (CCA) da Magdalena organizou onte unha nova edición do mercadiño de gangas, unha boa ocasión para dinamizar a actividade do barrio ferrolán e de paso atopar interesantes oportunidades de fin de temporada nos arredor de 50 establecementos que secundaron a convocatoria.
Pero ademais, e ante a proximidade da celebración do Día do Pai, neste ocasión convidouse a todos os nenos interesados a participar nos obradoiros deseñados para elaborar orixinais agasallos para os seus proxenitores. Entre os asistentes a estas actividades sorteáronse ademais tres tarxetas de 50 euros.

Gangas, talleres e animación na cita do CCA da Magdalena

Te puede interesar