Bohemios organiza un concerto no Jofre para festexar os seus 25 anos

Bohemios organiza un concerto no Jofre para festexar os seus 25 anos
membros de bohemios, nunha actuación no casino j.m.

A rondalla Bohemios dedica este ano a festexar o seu 25 aniversario, e dentro dos actos programados, que rematarán nas próximas Pepitas, inclúese o VII Hermanamento Musical coa coral polifónica Centro Asturiano de Avilés, coa que selaron esta amizade oficial en 2002. O concerto será este sábado, día 7, ás oito da tarde, no teatro Jofre. Inclúe a actuación do coro astur pero tamén a de Abril Fado Atlántico e a dos propios anfitrións.
As entradas para asistir a este recital son gratuítas, aínda que é preciso recollelas no Jofre para acomodar ós asistentes no teatro. Están xa dispoñibles na taquilla.
Bohemios está formada na actualidade por uns 40 membros, dirixidos polo mestre José Miguel Calabuig. Un dos seus sinais de identidade é a súa teima por dar a coñecer a tradición das Pepitas noutros puntos da Península. De feito, en Segovia, en 2008, chegaron a facer unha réplica da ronda que se realiza en Ferrol, con grande éxito, e varias das súas madriñas proceden desta localidade. Tamén fixeron actuacións en Fitur ou en Barcelona.

Bohemios organiza un concerto no Jofre para festexar os seus 25 anos

Te puede interesar