O IES Ferrol Vello entregou onte os premios da sexta edición do Certame Literario

O IES Ferrol Vello entregou onte os premios da sexta edición do Certame Literario
o acto tivo lugar onte no salón de actos do centro d.a.

O IES Ferrol Vello celebrou onte a entrega de premios da sexta edición do Certame Literario co que pretende estimular a creación literaria así como a lectura entre os rapaces. Máis de trinta alumnos, entre os do instituto e os dos colexiso adscritos (Cruceiro de Canido e San Rosendo) –para os que vai dirixida a convocatoria– foron premiados nas diferentes categorías, estruturadas en función da idade e a lingua escollida para participar.

Así, na categoría de 5º e 6º de Primaria, os gañadores foron: Martín Suárez (tanto en lingua galega como en castelá) e Uxío Merino (inglesa). Ademais, entregáronse once accésits.

Na categoría de 1º e 2º de ESO, os primeiros premios foron para Elisa Esperante (galego e francés); Eva Herrero (lingua inglesa) e Juan Díaz (lingua castelá). Outros once accésit completaron a nómina de traballos recoñecidos.

Finalmente, no grupo de 3º e 4º de ESO, María Suárez (que gañou na modalidade de lingua galega e inglesa); Lydia Lebrero (francesa), e Imam Bakari (castelá), foros os gañadores. Nesta categoría houbo tamén tres accésits. Os premios consistiron en cheques regalo por valor de 50 euros en material deportivo ou roupa e un libro e de 20 euros no caso dos accésits.

 

O IES Ferrol Vello entregou onte os premios da sexta edición do Certame Literario

Te puede interesar