O espectáculo dos Bolechas encherá hoxe o teatro Jofre

O espectáculo dos Bolechas encherá hoxe o teatro Jofre
imaxe dos populares irmã¡ns

“Brincabolechas”, o espectáculo da popular familia creada por Pepe Carreiro, encherá a partir das 18.30 horas de hoxe o teatro Jofre. Onte quedaban apenas medio cento de entradas das 556 postas á venda, co cal quen desexe ver as aventuras dos Bolechas sobre o escenario deberá darse présa.

Os irmáns Carlos, Braulio, Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e Tatá, ademais do can Chispa, axudarán a explicar aos nenos por que o lixo representa na actualidade un serio problema ambiental e que podemos facer para xestionalo coa maior eficiencia posible. Cancións, acrobacias, maxia, pallasos e un longo etcétera serán os ingredientes dunha gran festa na que os pequenos poderán divertirse ao máximo, pero tamén aprender e interiorizar o papel que deben desempeñar para que a xestión sustentable dos refugallos se converta nunha realidade.

O espectáculo dos Bolechas encherá hoxe o teatro Jofre

Te puede interesar