Ferrol citarase do 25 ao 28 de abril cunha nova edición da Semana da Poesía Salvaxe

Ferrol citarase do 25 ao 28 de abril cunha nova edición da Semana da Poesía Salvaxe
Imaxe dunha das pasadas edicións do programa poético

A Semana da Poesía Salvaxe volta un mes de abril máis á cidade naval para espallar os versos de diferentes autores por cada recuncho da cidade. O programa impulsado por Guillermo Ferrández, Marcos Lorenzo e Juan Carlos Valle, Karlotti, vivirá do 25 ao 28 de abril a súa undécima edición, na que se renderá unha especial homenaxe a Pinho Valeiras, ao que se lle dedica o cartel deste ano.


O programa comezará o día 25, ás 18.00 horas, coa tradicional proclama poética e no Cantón de Molíns, que contará coa participación, entre outros, de Xurxo Souto.

Ás 20.00 horas a actividade trasladarase ao Teatro Jofre, onde haberá un gran recital poético coa participación de autores como Iolanda Zúñiga, María Do Crebreiro, Felipa Leal, Eva Veiga e Estíbaliz Espinosa Río. No acto lembrarase tamén a “Revoluçao dos cravos”.

Os mercados da Magdalena, Caranza ou Recimil, o Ateneo Ferrolán, a praza do Inferniño ou o local Manchita Cosa serán outros dos escenarios nos que se desenvolva un programa que tamén incluirá música e un percorrido en lancha pola ría onde os versos serán os protagonistas.

Unha sesión vermú na Fundaçom Artábria pechará o sábado 28 un encontro xa consolidado na axenda cultural ferrolá.

Ferrol citarase do 25 ao 28 de abril cunha nova edición da Semana da Poesía Salvaxe

Te puede interesar