A compañía Voadora estrea o sábado no Pazo da Cultura “Soño dunha noite de verán”

A compañía Voadora estrea o sábado no Pazo da Cultura “Soño dunha noite de verán”
Pazo da Cultura ensayo de la obra de la compañía Voadora

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o sábado unha nova estrea teatral, desta volta coa compañía Voadora como protagonista para poñer en escena a comedia “O soño dunha noite de verán”, unha adaptación da obra de Shakespeare.
A representación dará comezo ás oito da tarde e o prezo das entradas será de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. Poden ser retiradas no propioi Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura www.padroadodecultura.es.
A compañía, nada en 2007 en Santiago de Compostela, aterrou xa no Pazo de Cultura o martes para desenvolver os seus ensaios e traballos previos á estrea no marco da Residencia Técnica Artística compartida –a primeira desenvolvida deste xeito na provincia– entre o Padroado da Cultura de Narón e o Teatro Colón da Coruña.
A través desta residencia, ámbolos dous espazos culturais puxeron ao servizo do equipo artístico o seu persoal técnico, espazos e equipamento necesario para preparar a cita do sábado.
Nas catro semanas previas, Voadora desenvolveu o seu traballo no Teatro Colón, espacio no que pechou a súa estadía a pasada fin de semana coa representación da obra “Calypso”.

adaptación
Este sábado achegarán ao público “O soño dunha noite de verán”, a adaptación e análise do texto clásico de Shakespeare na que os artistas reinterpretan a esencia do británico dando unha interesante volta de porca. Nela, Demetrio, Lisandro, Hermia e Helena son catro dos protagonistas que vivirán diferentes historias de amor, con fugas e persecucións incluídas. 
A comedia será representada nas vindeiras semanas noutras localidades galegas como Rianxo, Noia, Oleiros e Santiago de Compostela, entre outras localidades. n

A compañía Voadora estrea o sábado no Pazo da Cultura “Soño dunha noite de verán”

Te puede interesar