Espectáculo de música infantil de Magín Blanco na Casa da Cultura de Pontedeume

Espectáculo de música infantil de Magín Blanco na Casa da Cultura de Pontedeume
Magin Blanco - Cantigas da Estrela en el Torrente

O músico e compositor Magín Blanco continúa a súa xira de presentación dos seus espectáculos de música infatil “Cantigas da estrela”. Hoxe estará ás 12.30 horas na Casa da Cultura de Pontedeume, con entrada libre, e animando á cativada a seguir o ronsel das estrelas e da música en galego, nun concerto que integra panxoliñas inéditas do músico e compositor. Acompáñano a cantante eumesa María Faltri e o pianista e acordeonista Jorge Juncal nunha xira que xa está a percorrer 19 localidades integradas na Rede de Dinamización Lingüística coa colaboración da Deputación.
Tralo éxito das dúas entregas de “A nena e o grilo”, Magín Blanco está presentando o novo “Gatuxo”, para os máis pequenos da casa.

Espectáculo de música infantil de Magín Blanco na Casa da Cultura de Pontedeume

Te puede interesar