O concerto de The Chieftains en Ortigueira será o 19 de xullo

O concerto de The Chieftains en Ortigueira será o 19 de xullo
Copia de Diario de Ferrol-2014-05-24-016-2a523515

O concerto de The Chieftains en Ortigueira, que Diario de Ferrol avanzou o 6 de abril xa ten data. Será o sábado 19 de xullo. Así o confirmou a organización do Festival de Ortigueira, que se desenvolverá entre os días 17 e 20 dese mes na localidade. A banda que lidera Paddy Moloney volverá tocar neste evento dez anos despois da súa primeira e única actuación, indican, e como unha maneira especial de celebrar o trinta aniversario desta festa con repercusión internacional.
O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, anunciou ademais que en próximas datas se darán a coñecer as bases dun concurso de gaita solistas e doutro de cuartetos tradicionais, con importantes premios en metálico.

milladoiro
A anunciada presenza de The Chieftains únese a outras confirmacións que van conformando cada vez con maior nitidez a axenda de concertos para o Festival do Mundo Celta. Así, comezará o xoves coa actuación dos grupos finalistas do Runas: Xabi Aburruzaga Band, Cuarteto Caramuxo e Tiruleque. De aí sairá un gañador que volverá tocar en Ortigueira ó ano seguinte. Ese día tamén actuará o Pepe Vaamonde Grupo.
Ademais coñécese a presenza da banda escocesa Royal Burgh of Renfrew Pipe, nas rúas, durante os catro días, ou o concerto da Anxo Lorenzo Band, o sábado 19, para presentar o seu novo disco, “Confuxon”.
Para o venres 18 está anunciado o concerto dos irlandeses Moxie, o de Milladoiro e o da Dominic Graham School of Irish Dance.
O cartel complétano, xunto coa banda de gaitas ortegana,  o grupo Ruaille Buaille, do País Vasco, que gañaron o Runas do ano pasado, e a escocesa Treachorous Orchestra.

O concerto de The Chieftains en Ortigueira será o 19 de xullo

Te puede interesar