Luar na Lubre ofrecerá un concerto o 20 de maio en Narón no marco do seu 30 aniversario

Luar na Lubre ofrecerá un concerto o 20 de maio en Narón no marco do seu 30 aniversario
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-ddd56572

Luar na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk galega, celebrará o vindeiro día 20 no Pazo da Cultura de Narón o seu 30 aniversario. Será un concerto moi especial, no que farán un repaso dos temas máis especiais de toda a súa longa traxectoria, un percorrido que a agrupación celebra nun dobre cedé recopilatorio con 15 temas cada un. Unha das sorpresas deste traballo, afastado do recopilatorio tradicional para achegar unha colección de temas “escondidos” e tesouros “non habituais”, é unha versión do mítico tema “Fonte do Araño”, composta polo músico e creador galego Emilio Cao, considerado un dos mestres e guía do espírito da música de Luar Na Lubre. 
Outras das novidades chegarán da man de versións actualizadas de tres temas como a clásica irlandesa “Morrison’s jig”, “O soldado desgraciado” e “Dun tempo para sempre”.
Bieito Romero, Belém Tajes, Antía Ameixeiras, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cerqueiro son os membros da formación.
O concerto do vindeiro día 20 terá lugar ás 20.00 horas no Pazo de Cultura e as entradas custan 12 euros. l

Luar na Lubre ofrecerá un concerto o 20 de maio en Narón no marco do seu 30 aniversario

Te puede interesar