O Ateneo programa un ciclo de cine dedicado a García Berlanga

O Ateneo programa un ciclo de cine dedicado a García Berlanga
Copia de Diario de Ferrol-2014-05-25-011-2dfc89da

O Ateneo Ferrolán entra no mes de xuño cun amplo calendario de actividades que comezarán xa esta mesma semana cun ciclo de cine dedicado ó director Luis García Berlanga. O martes, ás 19.30 horas, na súa sede, proxectarase o filme “Calabuch” e en vindeiras datas poderase ver “Plácido”, “La escopeta nacional”, “Patrimonio nacional” e “Nacional III”.
A cooperativa A Xoañiña dará unha charla co título “A nosa enerxía” o mércores ás sete da tarde e o venres, á mesma hora, será o momento de escoitar a Fernando Marcelín, da Escuelita Zapatista, nun debate co título “O movemento Zapatista hoxe: Qué podemos aprender para as loitas na Galiza?”. A semana rematará o sábado, ás 11.30 horas, cunha charla do Foro Galego de Inmigración co encabezamento “SOS. Dereitos das persoas migrantes en grave perigo”.
Ademais continuarán as gravacións do disco recompilatorio “Sons de Ferrolterra” o xoves 29 e o luns 2 de xuño.

chaplin con piano
As propostas de xuño comezarán coa presentación, o mércores 4, ás oito da tarde, da “Guía para o descenso enerxético”, da asociación Véspera de Nada, sobre o esgotamento do petróleo e a necesaria reconversión que a humanidade terá que afrontar nos próximos anos.
O xoves 5 inaugurarase unha exposición solidaria de apoio ó Ateneo na que participan artistas de Ferrol e de Galicia. Ademais, ás 20.30 horas, Fran Rey toca o piano en directo, facendo a banda sonora do filme mudo “O neno”, de Charles Chaplin.
O “Conto galego” de Rosalía de Castro darase a coñecer en Ferrol, no Ateneo, o mércores 11 de xuño, ás 19.30 horas. Ó día seguinte presentarase o libro “Perdemos o tren. As claves políticas do atraso”. Carlos Taibo falará o día 18 e o 20 porase en escena a obra teatral “A farmacia de A. Chejov”. E xa o venres 27 haberá unha sesión musical que inclúe petiscos.
A todas estas actividades hai que sumar as reunións mensuais do clube de lectura e do Círculo de Pensamento Filosófico.

O Ateneo programa un ciclo de cine dedicado a García Berlanga

Te puede interesar