Un total de 20 orixinais compiten polo premio Curuxa que convoca en Fene o Museo do Humor

Un total de 20 orixinais compiten polo premio Curuxa que convoca en Fene o Museo do Humor
Diario de Ferrol-2015-09-24-013-fb297bfd_1

Finalizado xa o prazo de presentación de debuxos para o XIX concurso de Humor gráfico “Curuxa do Humor”, organizado polo Museo do Humor do Concello de Fene, a Concellería de Cultura informa de que se presentaron 20 orixinais a esta convocatoria. A procedencia dos mesmos é moi variada, remitíndose dende cidades e vilas tan dispares como Fene, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Zaragoza, Sevilla, Picassent (Valencia), Alacante, Arrigorriaga (Biscaia), Barcelona ou Azuqueca de Henares (Guadalaxara). 
Todos os participantes optan ao premio na categoría “Curuxa” (para maiores de 25 anos), non rexistrándose nesta convocatoria ningún participante na categoría “Curuxa nova”, dirixida a menores de 25 anos. 

xurado
Segundo informa a Concellería de Cultura, “o xurado do certame, formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Cultura, Amalia García, o xestor de actividades culturais do Concello, Daniel Romero, e os debuxantes Siro López, David Pintor e Andrés Meixide reunirase o venres 9 de outubro ás 12.00 horas para elixir ao gañador do certame que se dará a coñecer a través da páxina web municipal www.fenecidadan.gal e dos diferentes medios de comunicación”.
Os premios son de 2.000 euros para o primeiro posto, e de 1.500 para o segundo, ambos con un diploma acreditativo”. A maiores, no mes de novembro o Museo do Humor acollerá unha exposición coas obras presentadas este ano ao certame.

Un total de 20 orixinais compiten polo premio Curuxa que convoca en Fene o Museo do Humor

Te puede interesar