Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling, cartel do Festival do Río Castro

Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling, cartel do Festival do Río Castro
Local social da Veiga, en Nara..o. Presentaci..n del cartel y programa del Festival del R..o Castro

A AVV O Castelo de Naraío (San Sadurniño) avanzou onte os detalles do XXVI Festival do Río Castro que o vindeiro 6 de xullo volverá congregar a multitude de persoas na zona do río. O artista Juanlu Fernández foi un ano máis o encargado de deseñar o cartel da cita, ideando desta volta un acordeón galego en papel. “É espectacular, moi bonito”, comentaba onte a presidenta da entidade organizadora, Almudena Vega.

Este ano, incluirase de novo unha sesión vermú e un obradoiro de baile tradicional que será impartido polo grupo Os feroces da Galgueira, de As Pontes. O programa do afamado festival continuará pola tarde coa tradicional sesión de xogos tradicionais para todo o público, para a continuación desenvolverse o espectáculo “A fiestra dos soños”, a cargo de Trotaventos.


Chegará logo a quenda para o sempre concurrido Campionato de Deporte Rural, dirixido a adultos. Os participantes mediranse arredor de probas como tiro da corda, serrado de tronzado e a chave. Ás 22.30 horas comezará o festival musical, coas actuacións dos grupos Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling Band.


A AVV O Castelo, impulsora dun festival que tenga reivindicar o patrimonio e cultura galegos, conta coa colaboración do Concello de San Sadurniño, a Deputación, a Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios SCG e os bares Eladio e O Campo.


O acto de presentación de onte incluíu unha serie de actividades desenvolvidas pola asociación Os Picos do Sol relacionadas coa sustentabilidade ambiental, así como música de taberna co grupo Silbarda acompañada da degustación de petiscos de xamón escaldado.

Lenda Ártabra, Os Melidaos, Tiruleque e Mekanika Rolling, cartel do Festival do Río Castro

Te puede interesar