Arredor dun cento de persoas secundaron a sesión de cantares tradicionais de “Vai Rañala Meu!”

Arredor dun cento de persoas secundaron a sesión de cantares tradicionais de “Vai Rañala Meu!”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-3090bacf_1

Cunha excelente resposta de participación celebrouse o domingo no Centro Cívico Social de Sedes a primeira edición da actividade Cantos de Nadal, impulsada pola Asociación Cultural “Vai rañala meu!”. Arredor dun cento de persoas secundaron esta proposta de carácter interxeracional e artellada arredor da aprendizaxe de catro panxoliñas tradicionais que foron interpretadas polos participantes acompañados de gaitas, acordeóns, zanfona e percusións.
A organización serviu ademais entres os asistentes un saboroso chocolate quente con bola. A sesión, que serviu para “despedir o tempo de Nadal a ritmo de cantigas típicas desta época do ano”, salientan desde a devandita entidade cultural, incluíu tamén as cantadas colectivas alusivas ás recén rematadas datas así como outras de corte tradicional.
En definitiva, unha animada tarde de música arredor de pezas tradicionais da terra que foi moi valorada por parte dos impulsores, que xa pensan nunha vindeira edición para o próximo ano dada o gran éxito desta convocatoria. A asociación ten previstas ademais novas actividades, algunhas de carácter formativo,  para este mesmo mes.

Arredor dun cento de persoas secundaron a sesión de cantares tradicionais de “Vai Rañala Meu!”

Te puede interesar