O concerto de Celina da Piedade pecha o II Festival de Música Galego-Portuguesa de Cedeira

Celina da Piedade
|

A segunda edición do Festival de Música Galego-Portuguesa de Cedeira celebrará hoxe a última xornada. A actividade dará comezo ás 12.00 horas no Palacete Municipal coa charla do profesor e investigador da área de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela Ramón Mariño Paz. A charla leva por título “Galego-portugués, galego e portugués”.
Pola tarde, ás 19.00 horas, o Auditorio Municipal acollerá o concerto final, a cargo da acordeonista, cantora e compositora Celina da Piedade, que onte impartiu un obradoiro de canto alentexano.
O programa incluíu desde o venres outras actuacións musicais –onte foi a quenda para Couple Coffee e Uxía–, conferencias así como un taller de danza africana.

O concerto de Celina da Piedade pecha o II Festival de Música Galego-Portuguesa de Cedeira