Mariló Candedo: “Coa Lomce deuse a impresión de que todo o sistema educativo estaba mal”

Mariló Candedo: “Coa Lomce deuse a impresión de que todo o sistema educativo estaba mal”
Presentacion de un Libro sobre Educacion en Sargadelos

A Galería Sargadelos acolleu onte e presentación do ensaio colectivo “A educación: dereito ou mercadoría” (Edicións Laiovento), un volume coordinado pola profesora Mariló Candedo sobre os retos aos que se enfronta hoxe a educación pública. Candedo estivo acompañada por varios dos autores dos traballos como Carlos Amoedo, Mª Sonia Fernández e Xosé Ramos. Unha representación dos profesores universitarios, de ensino medio, FP e educadores sociais que aportan as súas reflexións nesta obra.
Na súa persentación, Candedo lembrou que o libro nacera por suxerencia do editor Francisco Pillado “nun momento en que se comezaban a privatizar servizos públicos como a sanidade. Quixemos facer un traballo que analizara a situación da educación, falae de cada un dos tramos educativos, desde Infantil ata a universidade e reflexionar das terribles conscuencias da aplicación que terá a Lomce”.
En canto ao tema enunciado desde o título do libro, que xa foi presentado en varias cidades de Galicia, Candedo sinala que “hai un fondo ideolóxico no actual Goberno de tratar a educación non como un dereito, potenciar un elitismo e primar a dirección dos centros, por non falar dos privilexios á Igrexa, como a segregación por sexos. É unha cuestión de ideoloxía pero tamén é unha cuestión de negocio ao primar descaradamente á escola privada”.
Para a coordinadora do libro “o peor da Lomce, que ocupa un bo espazo na nosa análise, e do debate que trouxo foi o de atacar ao sistema educativo de xeito que parecía que era un desastre, e iso non é certo. Había e hai problemas, pero as solucións que trae a Lomce non van a mellorar o fracaso escolar nin promover a igualdade de oportunidades, ao mellor mete estas eivas debaixo da alfombra”, salienta.
En canto á repercusión do traballo, Mariló Candedo destaca que “está a xerar un debate, incluso crítico dentro da propia comunidade educativa sobre o que se pode facer mellor. De feito estase deixando a porta aberta para tratar de facer novos traballos de análise da situación do sistema educativo”, adianta.

Mariló Candedo: “Coa Lomce deuse a impresión de que todo o sistema educativo estaba mal”

Te puede interesar